Dúbidas

 DEIXA TODAS AS TÚAS PREGUNTAS NOS MAILS QUE APARECEN NESTA WEB. NÓS TENTAREMOS DARLLES RESPOSTA A TRAVÉS DESTE ESPAZO, PARA QUE ASÍ TODOS TEÑADES TODO MÁIS CLARO.

NEMBARGANTES SE QUERES FALAR CO DIRECTOR DO PROGRAMA PODES CHAMALO DE LUNS A VENRES DE 10:00 A 20:00 AO TELÉFONO : 629 023 482

DÚBIDAS.

¿Teño que levar algo de comer? - Preferimos que non xa que as necesidades de comida están totalmente cubertas, aínda que se queres traer algo non nos importa, iso sí: gominolas e pipas por favor non traias, somos demasiado viciosos e ao mellor as comemos nós todas.

¿Fai falla un profe ou acompañante cos rapaces? - Verdadeiramente non, a nosa actividade cumpre t otalmente a ratio monitor/rapaz, é máis, o equipo técnico está conformado na totalidade dos seus membros por Directores de Actividades de Tempo Libre con máis de dez anos de traballo nas súas cóstas. Non é necesario a presenza dos adultos acompañantes nas actividades a menos que queiran participar nelas. O que sí é necesario é o acompañamento deles na viaxe de ida e volta ao albergue.

¿O albergue tén calefacción? - Sí, tén, e auga quente nas duchas tamén.

E, ¿ímonos deitar tarde?, ¿vai haber festa? - Iso depende de vós, xa sodes rapazotes. Poderá haber festa sempre e cando exista o compromiso de que ao día seguinte imos erguer para facer a actividade en tempo. Iso sí, a festa non é botellón, sentímolo, nós somos máis de garrafa de auga.


Iso do documental soa a coñazo... - Non vos preocupedes ímolo pasar moi ben e imos coñecer Lugo moi, moi ben, e a todas horas. Xa veredes que é moi divertido.